miércoles, 9 de mayo de 2012

OS 5 REINOS

viernes, 18 de marzo de 2011

RELATOS FANTÁSTICO-CIENTÍFICOS

Aquí están os relatos máis votados por vós e algún outro por ser diferente.
A min gustáronme todos. Noraboa polo voso esforzo.
Podedes lelos na casa cos vosos pais ou cos vosos amigos e pasar un intre divertido.


domingo, 23 de enero de 2011

2011, ANO INTERNACIONAL DO BOSQUE

A Asamblea xeral da ONU declarou 2011 como Ano Internacional dos Bosques co obxectivo de concienciar sobre a importancia destes ecosistemas, claves na consecución dun desenvolvemento sostible do noso planeta gracias aos importantes beneficios económicos, socioculturais e ambientais que proporcionan.
ACTIVIDADES O BOSQUE

jueves, 16 de diciembre de 2010

DEBERES DE NADAL

1º CURSO DE ESO

CONCURSO: MICRORRELATOS CIENTÍFICOS
  • O neno que cambiou de estado
  • Amigos para sempre
  • Historia dunha experiencia
  • Somos iguais, somos diferentes
  • Sinais de identidade
2º CURSO DE ESO
  • Preparar a exposición oral sobre a enerxía
  • Entrevista a un canteiro da localidade

viernes, 3 de diciembre de 2010

COMPROMISO


CARTEIS






Abre a publicación de carteis a favor do Medio Ambiente unha alumna de 4º, Sara Garrido, que nos da un consello moi intelixente sobre o aforrro de  enerxía.
Parabéns, Sara, pola túa participación.
Non cambies nunca.

miércoles, 1 de diciembre de 2010

CAMPAÑA

Co obxectivo de concienciar aos nosos alumnos e alumnas sobre o coidado do entorno, iniciamos unha campaña para adquirir hábitos saudables para o Medio Ambiente: reciclaxe, aforro de enerxía, limpeza...

lunes, 15 de noviembre de 2010

sábado, 18 de septiembre de 2010

PUBLICACIÓN DE TRABALLOS



Estamos a publicar os traballos de alumnos.
Preme aquí para velos.

sábado, 26 de junio de 2010

CONCURSO





Que mágoa!! Non todos os grupos remataron o concurso.

domingo, 13 de junio de 2010

jueves, 11 de marzo de 2010

AS ORQUÍDEAS

As orquídeas eran consideradas por Darwin a obra máis sublime de Deus e nelas veu a mellor demostración da súa teoría da evolución. As súas caprichosas formas teñen unha utilidade determinante nelas.




As orquídeas son plantas herbáceas perennes da familia Orchidaceae, clase Liliopsida (monocotiledóneas), moi abundantes, con máis de 600 xéneros e 17000 especies no mundo. Aínda que son moi abundantes nos trópicos, tamén existen especies en ambientes temperados, desde o nivel do mar a grandes altitudes.

Posúen unhas flores hermafroditas moi vistosas. O froito é unha cápsula con moitas sementes pequenas.

Algunhas viven en ramas de árbores, outras sobre rochas e algunhas no solo.


viernes, 26 de febrero de 2010

PROXECTO DE TRABALLO: " A BIODIVERSIDADE "


DESENVOLVEMENTO DO PROXECTO

Levarase a cabo ao longo do ano 2010

OBXECTIVOS:

  • Introducir aos alumnos/as no tema da biodiversidade para que coñecendo valoren e promovan comportamentos que favorezan o seu coidado e conservación.
  • Mellorar a motivaión e a aprendizaxe.
  • Aumentar o apoio entre alumnos/as fomentando hábitos de compañeirismo, respecto e colaboración no traballo en grupo.
  • Potenciar o contacto coa realidade.
  • Demostrar a utilidade de aprender.

CONTIDOS:

  • A biodiversidade.
  • A biodiversidade en perigo.
  • Causas da perda de biodiversidade.
  • Solucións para atallar a perda de biodiversidade.
  • A biodiversidade no patio.
  • A biodiversidade nas Salinas do Ulló.
  • A biodiversidade en Galicia.
  • A biodiversidade en España.
  • Animais extintos.
  • Animais en perigo de extinción.
  • Comportamentos e hábitos favorables a perda de biodiversidade e a mellora do medio ambiente.

ACTIVIDADES:

  • Visitar exposicións.
  • Visualizar videos.
  • Buscar información.
  • Elaborar informes .
  • Elaborar fichas.
  • Pesentacións
  • Videos
  • Carteis
  • Xogos: roscos de PASAPALABRA , preguntas TRIVIAL, etc.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

Avaliaranse os traballos atendendo aos seguintes criterios:

  • Que as preguntas estean completas e sexan correctas.
  • Que as ideas estean claras e organizadas.
  • Que os textos sexan claros, concisos e precisos.
  • Que o vocabulario utilizado sexa o apropiado.
  • Que as imaxes que acompañen aos textos estean en consonancia con eles.
  • Que a ortografía sexa correcta, así como as marxes, encabezados, portadas, índices,etc.

RECURSOS:

  • Libros de texto, revistas, enciclopedias...
  • Recursos na rede: videos, imaxes, información...
  • Exposición de traballos feitos por alumnos en cursos anteriores: " As Salinas do Ulló" e " A Vida no Patio".

CONCLUSIÓN:

  • Ao finalizar os traballos os alumnos/as deberán ter unha idea clara sobre a biodeversidade, perda de biodiversidade, causas desta perda, solucións para atallala, animais extintos, boas prácticas ambientais, etc.
  • Realizarase unha posta en común acompañada dunha crítica constructiva sobre todas as actividade desde a búsqueda de información pasando polo proceso de elaboración e unha exposición oral de cada unha.
  • Os traballos realizados subiranse ao blog ou expoñeranse nos taboleiros do centro.