PUBLICACIÓN DE TRABALLOS DE ALUMNOS

Bio diversidade
View more presentations from presentations from presentations from .
View more
View more
A biodiversidade

BIO + DIVERSIDADE ( CARLA BARREIRO FERREIRA )

• Que é a biodiversidade? A que niveis se da?

Biodiversidade (neoloxismo do inglés Biodiversity, á súa vez do grego Bio-, vida, e do latín diversitas, -atis, variedade),tamén chamada diversidade biolóxica,

É o termo polo que se fai referencia á ampla variedade de seres vivos sobre a Terra e os patróns naturais que a conforman.

A biodiversidade dase tanto na terra coma na auga.

Distínguense habitualmente tres niveis na biodiversidade:

-Xenética ou diversidade intraespecífica, consistente na diversidade de versión dos xens (alelos) e da súa distribución, que a súa vez é a base das variacións

-Interindividuales (a variedade dos xenotipos).

-Específica, entendida como diversidade sistemática, consistente na pluralidade dos sistemas xenéticos ou xenomas que distinguen as especies.

-Ecosistémica, a diversidade das comunidades biolóxicas (biocenose) cuia suma integrada constitúe a Biosfera.

                • Por que a biodiversidade é importante?                              

Porque moitos aspectos da nosas vidas dependen da biodiversidade. Dependemos dela para manter o noso aire e auga limpos, para regular o noso clima e para proporcionarnos fontes de alimentos e mediciñas. Ademais , a biodiversidade mellora a calidade da nosa vida ó crear encantadores espacios naturais donde poidamos relaxarnos, xogar e admirar a beleza da natureza.

Cada compoñente da biodiversidade dende microorganismos ata osos pardos é parte da rede da vida. Ecosistemas enteiros poden alterarse pola perda dun compoñente.

O valor esencial e fundamental da biodiversidade reside en que é resultado dun proceso histórico natural de gran antigüidade. Por esta soa razón, a diversidade biolóxica ten o inalienable dereito de continuar a súa existencia. O home e a súa cultura, como produto e parte desta diversidade, debe velar por protexela e respetala.

A biodiversidade é garante de benestar e equilibrio na biosfera. Os elementos diversos que compoñen a biodiversidade conforman verdadeiras unidades funcionais, que aportan e aseguran moitos dos "servicios" básicos para a nosa supervivenza.

Finalmente desde a nosa condición humana, a diversidade tamén representa unha capital natural. O uso e beneficio da biodiversidade contribuíu de moitas maneiras o desenrolo da cultura humana, e representa unha fonte potencial para subvenir a necesidades futuras.

                    Por que está desaparecendo tan rápido?

Durante o século XX vense observando a erosión cada vez máis acelerada da biodiversidade. As estimacións sobre as proporcións da extinción son variadas, entre moi poucas e ata 200 especies extinguidas por día, pero todos os científicos reconocen que a proporción de perda de especies é maior que en calquera época da historia humana.

No reino vexetal estímase que encóntranse ameazadas aproximadamente 12,5% das especies coñecidas. Todos están dacordo en que as perdas débense á actividade humana, incluíndo a destrución direta de plantas e o seu "hábitat".

Existe tamén unha crecente preocupación pola introdución humana de especies exóticas en "hábitats" determinados, alterando a cadena trófica.
 Incendios.

• Que consecuencias pode traer a perda da biodiversidade?

A biodiversidade é moi importante para a supervivencia da vida no Planeta. Grazas a esta inmensa e maravillosa diversidade a vida segue encontrando un camiño fronte aos cambios que ocorren no ambiente

Non é nada doado calcular cales serían as consecuencias de continuar destruíndo as nosas especies e ecosistemas pero hai algunhas cousas das cales podemos estar seguros.

As plagas que atacan aos cultivos desenrolarán resistencias ós métodos de control que a humanidade usa agora para combatilas. Hoxe, cando algo así ocorre, os científicos recorren á vida silvestre do noso planeta para encontrar solucións que lles permitan protexer as plantas. Si non fora pola biodiversidade probablemente non teríamos a oportunidade de recurrir a estes "remedios" que nos brinda a natureza e, polo tanto, non poderíamos defender os nosos cultivos, que son a base alimentaria de gran parte da poboación mundial.

Por outro lado, a biodiversidade garda ainda moitos segredos que poden axudar á humanidade. Por exemplo, gran parte dos remedios que tomamos proveñen de especies de plantas e animais silvestres. Hai quenes din que a cura a enfermedades terribles que sufre o home, como o SIDA ou o cáncro, pode encontrarse nas selvas ou bosque máis decoñecidos.

• Como podemos evitar esta perda?

Preservar a biodiversidade é vital para a nosa supervivencia.

Podemos evitar esta perda sen facer o seguinte:

 Destruír hábitats naturais, esta é unha das principais causas de perda de biodiversidade no mundo. Os bosques tropicáis, sen dúbida os principais almacéns de biodiversidade do planeta están desaparecendo a un ritmo vertixinoso.

 A fragmentación: campos de cultivo, áreas urbanas, carreteras e autopistas constitúen barreiras infranqueables para numerosas especies. Para estes seres vivos, o seu hábitat natural pasou de ocupar extensas áreas inenterrumpidas a quedar dividido en fragmentos aislados de menor extensión. É o efecto coñecido como fragmentación dos hábitats responsable da extinción local de numerosas especies. Cando un certo número de individuos dunha especie queda confinado nunha pequena porción de territorio, o perigo de extincion é moito maior.

 Os campos sen vida: a aparición da moderna agricultura industrial, baseada na especialización e o uso masivo de fertilizantes e pesticidas produce unha brusca diminución de especies. Nos países máis intensamente explotados por estas novas de agricultura industrial acuñouse o término de " deserto verde", para referirse a estes novos paisaxes, moi pobres en vida silvestre.


• É España un país rico en biodiversidade?

Sí, España é un país rico en biodiversidade.

• Cales son as causas desta riqueza?

As causas desta riqueza son os distintos climas que predominan.

Un proxecto de investigación da Universidade de Murcia demostrou que os ecosistemas áridos como os que se encontran no sureste da península Ibérica acollen unha gran biodiversidade de flora e fauna.

O sur de España é unha das rexións máis áridas de Europa, pero tamén unha das poucas zonas nas que os torrentes semiáridos encóntranse con frecuencia. Esta condición convírtea nun hábitat ideal para protexer a un número de especies moi variadas e que so se encontra en ambientes con características moi específicas.

Presenta unha ampla diversidade que se debe en gran parte á posición xeográfica da Península Ibérica, entre o Atlántico e o Mediterráneo y entre África e Eurasia ,e a gran diversidade de hábitats e biótopos, consecuencia de climas e rexións ben diferenciadas.

Na Península Ibérica é posible encontrar especies desaparecidas noutras rexións europeas. É debido a que históricamente foi un territorio escasamente poboado si se compara con países como Alemania, Gran Bretaña ou Italia, todos eles de menor extensión, e á tardía industrialización, que fixo que o declive de numerosas especies e a extinción de algunhas outras fora un fenómeno documentado ó largo do siglo XX. Tamén hai que destacar a gran cantidade especies presentes debido á influenza da fauna africana (camaleón común, corredor, erizo moruno,gineta, calamón, meloncillo,etc.)

España conta con 10.000 especies de plantas que representan o 80% das existentes na Unión Europea e casi o 60% das que se encontran en todo o continente, das cales 6.500 son plantas autóctonas e 1.500 endémicas, é dicir, especies únicas no mundo.

Canarias co 1,5% da superficie nacional alberga a metade da flora endémica do país e ata una quinta parte de todos os “hábitats” referidos na directiva comunitaria de “hábitats” para España.

Moitas especies rinden un valioso tributo polas súas propiedades medicinales. Gran parte dos productos químicos utilizados na elaboración de medicamentos teñen a súa orixen

directa ou indirectamente en estractos animales e vexetales, corroborando o que a medicina tradicional xa sabía desde facía siglos . Estimouse que unha terceira das especies da flora poseen potencial medicinal inédito, moitas delas con propiedades anticancerígenas

Todos os seres vivos do planeta pódense agrupar en cinco grandes reinos : A fauna, a flora, os hongos, os prototistas e as móneras. Deixando estes dous últimos, por comprender microorganismos unicelulares pouco perceptibles, do resto conócese ata a fecha unhas 11.600 especies terrestres diferentes no archipiélago canario, e unhas 3.500 especies mariñas nos ambientes pelágicos e bentónicos das augas circundantes. Esta proporción entre a riqueza mariña e terrestre coincide coa que se observa en todo o planeta: o 80% das especies viven en Terra e o 20% no mar.

                        CARLA BARREIRO FERREIRA







                                                        Trabajo de cn sobre un animal estraño ( ornitorrinco)