CHARLES DARWIN

O naturista inglés Charles Darwin é unha das personalidades claves para o avance da ciencia na historia da Humanidade.




Na súa obra, El origen de las especies (1859), Darwin postulou que todas as especies de seres vivos evolucionaron ao longo do tempo a partir dun antepasado común mediante un proceso de Selección Natural.




Darwin fundador da bioloxía moderna e pai da teoría da evolución.

A teoría evolutiva o darwinismo concrétase nos seguintes puntos ou postulados:

  • As formas de vida non son estáticas senón que evolucionan; as especies cambian continuamente, unhas orixínanse  e outras extínguense.
  • O proceso da evolución é gradual, lento e continuo, sen saltos discontinuos ou cambios súbitos.
  • Os organismos parecidos están emparentados e descenden dun antepasado común. Todos os organismos viventes poden remontarse a unha orixe única da vida.
  • A selección natural é a chave, en dúas fases, que explica todo o sistema.
  1. A primeira fase é a producción de variabilidade: a xeración de modificacións espontáneas nos individuos.
  2. A segunda, a selección a través da supervivencia na loita pola vida: os individuos mellor dotados, os que naceron con modificacións espontáneas favorables para facer fronte ao medio ambiente van ter máis posibilidades de sobrevivir, de reproducirse e de deixar descendencia con estas vantaxes.




Enlace ao album de fotos das ILLAS GALÁPAGOS sacadas en vivo e en directo pola profesora de Educación Física.

As llas Galápagos constitúen un arquipélago do Océano Pacífico a 972 km da costa de Ecuador. Está formada por 13 illas volcánicas, 6 illas máis pequenas e 107 rochas e illotes. A erupción volcánica máis recente tivo lugar en 2009.
Estas illas son famosas polas numerosas especies endémicas e polos estudos de Charles Darwin que lle levaron a establecer a súa " Teoría da Evolución " pola selección natural.
Turísticamente reciben o nome de " Illas Encantadas " xa que a flora e a fauna atopada alí é practicamente única e non se pode encontrar en ningunha outra parte do mundo.