LECTURAS RECOMENDADAS

PERIGO VEXETAL
   Na pantalla do ordenador de Said e Sheila, dous irmáns que viven no ano 2075, apareceu unha noticia sorprendente: " Unha nova planta revolucionaria, o supercereal SC-1, será a solución aos problemas alimentarios da humanidade ". Cando buscan máis datos, aumenta a intriga: " Unha planta monstruosa arrasa a Pampa Arxentina ".   Said e Sheila terán que descubrir cal é a relación entre unha e outra, e onde se atopa o Perigo vexetal.


AMEAZA NA ANTÁRTIDA
   Said e Sheila son dous orfos de doce e catorce anos que están vivindo no ano 2077. Teñen que enfrontarse  a poderosa organización de Koprissos que pretenden facerse donos do mundo e destruilo.
O ben vencerá ao mal gracias aos sentimentos e afectos.




O FUTURO ROUBADO
Said e Sheila, dous rapaces do futuro, viven nesta ocasión a súa aventura máis arriscada.Cando a súa amiga Irina chega a visitalos ao muiño de Loreda atópase coa súa;misteriosa desaparición. ¿ Que lles aconteceu ? Axiña o saberedes... Nesta ocasión Said e Sheila terán que enfrontarse aos poderosos grupos que, movidos só por intereses económicos, buscan destruír amplas zonas de beiramar, sen importárenlles as desfeitas ecolóxicas e culturais que produzan.

                                                                                                                          
                          A FORMIGA COXA
   A formiga coxa, unha ra peluda e unha cobra chosca deciden buscar algún lugar onde non sexan menosprezadas polas súas eivas e sexan consideradas iguais, e así comezan a súa aventura.
   O primeiro sitio ao que chegan é unha cidade enfeitizada. As tres amigas ofrécense a buscar o remedio ; nese traballo atopan un rato de biblioteca. Resolto e feitizo, a rexedora da cidade regálalles un estoxo de coiro que contén unhas tesoiras, unha agulla e un coitelo.
   Continuando a viaxe, as tres amigas, ás que se unirá o rato de biblioteca, caen presas dos fanáticos.   Gracias as tesoiriñas e máis ao coitelo de prata conseguen saír da trampa.
   Chegan logo a unha illa onde todo é moi pequeno. Todos andaban moi preocupados buscando a princesiña Hipatia que xa levaba un día sen aparecer. As tres amigas conseguen encontrala despois de adiviñar o esconxuro para abrir a entrada dunha cova subterránea.
Finalmente nun val preto da praia de Estorde, encontran aquel lugar que andaban buscando.


A EXPEDICIÓN DO PACÍFICO
   Relatada en primeira persoa, a novela conta, en dez capítulos, a historia dunha expedición polo Pacífico. Entre os oito científicos que a compoñen, encóntrase a protagonista. Emilia, unha xoven que, para participar na viaxe, tense que disfrazar de rapaz.
   O relato, que abarca desde 1867 - cando saen de España ata 1871 - ano da chegada da expedición a Lisboa-, describe as aventuras dos viaxeiros dun modo realista e verosímil. Abundan as referencias á historia e aos coñecementos relacionados coas ciencias da natureza e coa navegación. Paralelamente, asistimos a unha aventura interior: o cambio que se produce na protagonista, que inicia a viaxe con doce anos e chega feita unha muller.

El hombre que plantaba árboles


Unha fábula que relata como, ao longo da súa vida, un pastor convirte unha terra árida da Provenza nun bosque verde e cheo de vida.