HÁBITOS SAUDABLES PARA O PLANETA

CREANDO CONCIENCIA
Continuamos un curso máis con actividades encamiñadas a concienciarnos sobre a limpeza, a reciclaxe e o aforro de enerxía.


LOITA CONTRA O CAMBIO CLIMÁTICO AFORRANDO ENERXÍA

ALGUNHAS COUSAS QUE TODOS PODEMOS FACER, QUE NON LEVAN CONSIGO SACRIFICIO DO NOSO BENESTAR, PARA AFORRAR ENERXÍA:
* Renuncia ao consumo aloucado.
* Non deixes aparellos eléctricos acendidos ou en standby cando non os esteas a utilizar.
* Pide na casa a substitución das lámpadas incandescentes por unhas de baixo consumo.
* Apaga as luces innecesarias.
* Tenta evitar o uso de aparellos eléctricos para a calefacción: o seu consumo é excesivo.
* Lembra que na casa non é preciso estar en manga curta no inverno; pódese baixar un pouco a calefacción.
* Non deixes as fiestras abertas máis de 15 minutos no inverno para ventilar cada habitación.
* Aproveita a luz natural na medida do posible.
* Procura que as pilas que empregues habitualmente sexan recargables.
* Convence aos teus familiares para que, sempre que sexa posible, usen o transporte público.
* Procura que as pilas que empregues habitualmente sexan recargables.
* Evita o desvaratamento de papel e recíclao sempre.
* Evita tamén o desvaratamento de bolsas de plástico.
* Recicla na casa, separando os residuos orgánicos dos envases, do papel e do vidro.
* Se os teus familiares están pensando comprar un coche, convénceos para que sexa de baixo consumo.
* Coida da Natureza e os Espazos Públicos.
NÓS APOSTAMOS POR ENERXÍAS VERDES. Enerxías renovables.

Consecuencias do hiperconsumo de enerxía:

- Aumento do efecto invernadoiro natural
- Cambio climático ( sequía,inundacións...)
- Esgotamento de recursos
- Contaminación ambiental ( solos, auga, aire )
- Desertización
- Chuvia aceda
- Destrucción da capa de Ozono
- Deterioro xeneralizado dos ecosistemas e a destrucción da biodiversidade
- Problemas de saúde



"O MELLOR LIXO É O QUE NON SE XERA"





       A RECICLAXE

 As bolsas de plástico podes reutilizalas como bolsas de lixo.
Unha bolsa de plástico tarda máis de 150 anos en degradarse.
Os plásticos representan unha porcentaxe moi elevada de utilización.



Un brick tarda aproximadamente 30 anos en degradarse.



Coa enerxía que aforramos ao reciclar unha botella de vidro podemos ver dúas horas a televisión.  Unha botella de vidro tarda 4000 anos en degradarse.
                                                                                                                                                                                 Unha lata tarda máis de 500 anos en degradarse e unha chapa máis de 30.
Para fabricar unha tonelada de papel son necesarios máis de 2 400 Kg de madeira, 200 000 l de auga e 7000 Kw/h de enerxía. Fabricar papel reciclado aforra 3 veces máis enerxía que producilo con pasta de papel.


RECICLANDO EN SERIO
Xulio García, un veciño de San Adrián ilustrou o seu conto " O RATO FANADO " con maquetas feitas con material de refugallo. Desta maneira desenvolveu igualmente a súa creatividade e axudou ao Planeta.






A RECICLAXE FAVORECE A BIODIVERSIDADE
  •  Reciclando evitamos que novas materias primas se extraian da Natureza e contribuímos a que non se esgoten os recursos.
  • Reciclando evitamos contaminar a Natureza vertendo lixo, ensuciando a auga, o aire, a terra, que é o hábitat natural de moitos seres vivos.
  • Reciclando aforramos enerxía.
  • Todos debemos poñer en práctica as tres "R": Reducir, Reutilizar e Reciclar.