EXPOSICIÓNS

 AS SALINAS DO ULLÓ "


O ecosistema das Salinas do Ulló está composto por partes de esteiro, partes de horta, bosques de pinos, carballos, salgueiros, bidueiros, prados e xunqueiras.

Esta zona das Salinas ( en xeral toda a enseada ) é unha zona de lameira, polos sedimentos que verten os ríos, moi rica en materia orgánica, fogar ideal para moitos invertebrados, algas e plantas mariñas que serven de alimento a aves como a garza, a garcilla, patos, cormoráns, andarríos...
O bosque acolle a pegas, rulas, petos, paporroibos, carrizos, corvos, etc.

Para levar a cabo este traballo os alumnos realizaron varias visitas ás Salinas facendo un auténtico TRABALLO DE CAMPO: Observando, identificando especies, recollendo datos, determinando o estado de coidado e abandono do lugar, facendo fotos, etc.






"" A VIDA NO PATIO ""

Para realizar estoutro traballo os alumnos escudriñaron o patio a miúdo para observar a vida e os cambios que tiveron lugar ao longo do ano. Tomaron datos da observación directa, buscaron información e clasificaron os seres vivos en tres grupos: productores, consumidores e descompoñedores.

PERDEUSE diversidade ecolóxica no patio nestes dous últimos anos debido ao impacto provocado polas obras.

FLORES NO PATIO



" A Natureza benigna          
prové de maneira que en
calquera parte atopemos
algo que aprender"
Leonardo da Vinci

ALGÚNS SEGUIMENTOS:










ALGÚNS FROITOS NO PATIO