jueves, 11 de marzo de 2010

AS ORQUÍDEAS

As orquídeas eran consideradas por Darwin a obra máis sublime de Deus e nelas veu a mellor demostración da súa teoría da evolución. As súas caprichosas formas teñen unha utilidade determinante nelas.




As orquídeas son plantas herbáceas perennes da familia Orchidaceae, clase Liliopsida (monocotiledóneas), moi abundantes, con máis de 600 xéneros e 17000 especies no mundo. Aínda que son moi abundantes nos trópicos, tamén existen especies en ambientes temperados, desde o nivel do mar a grandes altitudes.

Posúen unhas flores hermafroditas moi vistosas. O froito é unha cápsula con moitas sementes pequenas.

Algunhas viven en ramas de árbores, outras sobre rochas e algunhas no solo.