As orquídeas son plantas herbáceas perennes da familia Orchidaceae, clase Liliopsida (monocotiledóneas), moi abundantes, con máis de 600 xéneros e 17000 especies no mundo. Aínda que son moi abundantes nos trópicos, tamén existen especies en ambientes temperados, desde o nivel do mar a grandes altitudes.
Posúen unhas flores hermafroditas moi vistosas. O froito é unha cápsula con moitas sementes pequenas.
Algunhas viven en ramas de árbores, outras sobre rochas e algunhas no solo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario