viernes, 26 de febrero de 2010

PROXECTO DE TRABALLO: " A BIODIVERSIDADE "


DESENVOLVEMENTO DO PROXECTO

Levarase a cabo ao longo do ano 2010

OBXECTIVOS:

  • Introducir aos alumnos/as no tema da biodiversidade para que coñecendo valoren e promovan comportamentos que favorezan o seu coidado e conservación.
  • Mellorar a motivaión e a aprendizaxe.
  • Aumentar o apoio entre alumnos/as fomentando hábitos de compañeirismo, respecto e colaboración no traballo en grupo.
  • Potenciar o contacto coa realidade.
  • Demostrar a utilidade de aprender.

CONTIDOS:

  • A biodiversidade.
  • A biodiversidade en perigo.
  • Causas da perda de biodiversidade.
  • Solucións para atallar a perda de biodiversidade.
  • A biodiversidade no patio.
  • A biodiversidade nas Salinas do Ulló.
  • A biodiversidade en Galicia.
  • A biodiversidade en España.
  • Animais extintos.
  • Animais en perigo de extinción.
  • Comportamentos e hábitos favorables a perda de biodiversidade e a mellora do medio ambiente.

ACTIVIDADES:

  • Visitar exposicións.
  • Visualizar videos.
  • Buscar información.
  • Elaborar informes .
  • Elaborar fichas.
  • Pesentacións
  • Videos
  • Carteis
  • Xogos: roscos de PASAPALABRA , preguntas TRIVIAL, etc.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

Avaliaranse os traballos atendendo aos seguintes criterios:

  • Que as preguntas estean completas e sexan correctas.
  • Que as ideas estean claras e organizadas.
  • Que os textos sexan claros, concisos e precisos.
  • Que o vocabulario utilizado sexa o apropiado.
  • Que as imaxes que acompañen aos textos estean en consonancia con eles.
  • Que a ortografía sexa correcta, así como as marxes, encabezados, portadas, índices,etc.

RECURSOS:

  • Libros de texto, revistas, enciclopedias...
  • Recursos na rede: videos, imaxes, información...
  • Exposición de traballos feitos por alumnos en cursos anteriores: " As Salinas do Ulló" e " A Vida no Patio".

CONCLUSIÓN:

  • Ao finalizar os traballos os alumnos/as deberán ter unha idea clara sobre a biodeversidade, perda de biodiversidade, causas desta perda, solucións para atallala, animais extintos, boas prácticas ambientais, etc.
  • Realizarase unha posta en común acompañada dunha crítica constructiva sobre todas as actividade desde a búsqueda de información pasando polo proceso de elaboración e unha exposición oral de cada unha.
  • Os traballos realizados subiranse ao blog ou expoñeranse nos taboleiros do centro.


No hay comentarios:

Publicar un comentario