lunes, 15 de noviembre de 2010
sábado, 18 de septiembre de 2010
sábado, 26 de junio de 2010
domingo, 13 de junio de 2010
jueves, 11 de marzo de 2010
AS ORQUÍDEAS
As orquídeas eran consideradas por Darwin a obra máis sublime de Deus e nelas veu a mellor demostración da súa teoría da evolución. As súas caprichosas formas teñen unha utilidade determinante nelas. 
Posúen unhas flores hermafroditas moi vistosas. O froito é unha cápsula con moitas sementes pequenas.
Algunhas viven en ramas de árbores, outras sobre rochas e algunhas no solo.
viernes, 26 de febrero de 2010
PROXECTO DE TRABALLO: " A BIODIVERSIDADE "
DESENVOLVEMENTO DO PROXECTO
Levarase a cabo ao longo do ano 2010
OBXECTIVOS:
- Introducir aos alumnos/as no tema da biodiversidade para que coñecendo valoren e promovan comportamentos que favorezan o seu coidado e conservación.
- Mellorar a motivaión e a aprendizaxe.
- Aumentar o apoio entre alumnos/as fomentando hábitos de compañeirismo, respecto e colaboración no traballo en grupo.
- Potenciar o contacto coa realidade.
- Demostrar a utilidade de aprender.
CONTIDOS:
- A biodiversidade.
- A biodiversidade en perigo.
- Causas da perda de biodiversidade.
- Solucións para atallar a perda de biodiversidade.
- A biodiversidade no patio.
- A biodiversidade nas Salinas do Ulló.
- A biodiversidade en Galicia.
- A biodiversidade en España.
- Animais extintos.
- Animais en perigo de extinción.
- Comportamentos e hábitos favorables a perda de biodiversidade e a mellora do medio ambiente.
ACTIVIDADES:
- Visitar exposicións.
- Visualizar videos.
- Buscar información.
- Elaborar informes .
- Elaborar fichas.
- Pesentacións
- Videos
- Carteis
- Xogos: roscos de PASAPALABRA , preguntas TRIVIAL, etc.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN
Avaliaranse os traballos atendendo aos seguintes criterios:
- Que as preguntas estean completas e sexan correctas.
- Que as ideas estean claras e organizadas.
- Que os textos sexan claros, concisos e precisos.
- Que o vocabulario utilizado sexa o apropiado.
- Que as imaxes que acompañen aos textos estean en consonancia con eles.
- Que a ortografía sexa correcta, así como as marxes, encabezados, portadas, índices,etc.
RECURSOS:
- Libros de texto, revistas, enciclopedias...
- Recursos na rede: videos, imaxes, información...
- Exposición de traballos feitos por alumnos en cursos anteriores: " As Salinas do Ulló" e " A Vida no Patio".
CONCLUSIÓN:
- Ao finalizar os traballos os alumnos/as deberán ter unha idea clara sobre a biodeversidade, perda de biodiversidade, causas desta perda, solucións para atallala, animais extintos, boas prácticas ambientais, etc.
- Realizarase unha posta en común acompañada dunha crítica constructiva sobre todas as actividade desde a búsqueda de información pasando polo proceso de elaboración e unha exposición oral de cada unha.
- Os traballos realizados subiranse ao blog ou expoñeranse nos taboleiros do centro.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


